Bases Concurso Belenes Concello Ourense



XVII CONCURSO DE BELÉNS PÚBLICOS

A Concellaría de Cultura do Concello de Ourense en colaboración coa Asociación de Belenistas de Ourense convoca o XVII Concurso de Beléns Públicos de acordo coas seguintes:

BASES

1.- Poderán participar todas as asociacións de veciños, culturais, agrupacións, colexios e particulares en xeral pertencentes ao municipio ourensán.

2.- Os beléns estarán á vista e abertos ao público (escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc...). En lugares de máis difícil acceso (colexios, residencias, casas, etc), a apertura será, como mínimo, de dúas horas ao día dentro do horario comercial e terán que estar ben sinalizadas as visitas cun cartel no exterior do edificio.

3.- As obras que se presenten serán de libre elección (tradicionais, góticas, enxebres,etc).

4.- Valoraranse os materiais empregados e os efectos de luz, auga e outras creacións tendo o Xurado en conta o seu valor artístico, histórico e relixioso. Primaranse os beléns que sexan de nova elaboración sobre os fixos nun espazo ou aos que simplemente se lle engadan esceas, elementos decorativos ou se reditribúan os elementos utilizados en anos anteriores.

5.- O Xurado estará formado por 5 membros, dous representantes do Concello de Ourense, dous representantes da Asociación de Belenistas e un representante dunha asociación designada polo Concello, que visitará os Beléns os días 18 e 19 de decembro para a súa cualificación e facendo pública a decisión o 21 de decembro nos medios de comunicación locais. A entrega de premios será no Auditorio Municipal de Ourense antes do 5 de xaneiro de 2013.

6.- O Xurado reservarase o dereito de deixar desertos aqueles premios que considere oportunos por non reunir as condicións mínimas de calidade na súa confección e a súa decisión será inapelable. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes Bases.

7.- O Prazo de inscrición rematará o día 14 de decembro, e haberá que facela na Concellaría de Cultura – Auditorio Municipal (rúa da Canle, n.º2 ), no teléfono 988 39 12 90, no fax 988 23 25 77 ou no e-mail cultura@ourense.es

8.- Establécense os seguintes premios, cos descontos que marque a lei:

Primeiro premio de 450 €

Segundo premio de 240 €

Terceiro premio de 180 €

Infantil premios de 120 €

Seis accésits de 60 € cada un



Ourense, 23 de novembro de 2012